cartel curso fotografia.2Os días 16 , 17 e 18 de marzo.
Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza
Queres sacarlle todo o partido a túa cámara dixital e aprender a traballar e optimizar as túas imaxes dixitais no ordenador?
Este curso está dirixido tanto a persoas que se inician a fotografía con cámara dixital como aqueles fotógrafos con algo de experiencia que desexen iniciarse na fotografía de natureza. Adquirirás unha base axeitada sobre fotografía e sobre o fluxo de traballo dixital para que saques o máximo proveito do teu equipo fotográfico e informático.
A quen vai dirixido ?
- Debutantes no mundo da fotografía dixital
- Amantes da natureza que queren rexistrar o seu día a día no campo
- Aqueles que non conseguiron sacar o máximo proveito das opcións que proporcionan as cámaras dixitais ou teñen dúbidas sobre o fluxo de traballo dixital
- Non hai límite de idade para realizar o curso, só gañas de aprender
Que vas aprender ?
- Manexar fundamentos básicos de fotografía dixital
- A configurar os axustes máis importantes da túa cámara
- A traballar nos modos de prioridade de apertura, prioridade de tempo de exposición e modo manual
- A elixir e controlar factores como o diafragma, o tempo de exposición, a sensibilidade, a compensación de exposición, …
- A medir a luz e interpretar o histograma das túas fotografías
- Como enfocar en modo de enfoque manual e automático
- A elixir con criterio a lonxitude focal do teu obxectivo
- Coñecer o uso de diferentes filtros analóxicos (degradadado, ND e polarizador) e dixitais con Adobe Lightroom 3
- Criterios básicos de composición fotográfica e supervisión dos fondos
- Suxeitar a cámara a pulso e usar o trípode con efectividade
- Coñecer algunhas técnicas avanzadas: macrofotografía e digiscoping
- Manexar un fluxo de traballo axeitado para descargar as túas imaxes ao computador
- A seleccionar as túas fotografías de xeito crítico, aprendendo dos erros cometidos durante a toma e os dos compañeiros, para que non volvan suceder
- Organizar e xestionar as túas imaxes en Adobe Lightroom con palabras clave para manexar o teu arquivo de xeito eficiente
- As vantaxes do formato RAW
- Procesar doadamente as túas imaxes con Adobe Lightroom
- Preparar as túas imaxes para web e impresión
- Coñecer os libros básicos que fundamentan a fotografía de natureza e as principais páxinas web onde colgar as nosas fotos de natureza.
- Principais concurso nacionais e internacionais de fotografa de natureza
Como se desenvolve o curso?
Este curso combina sesións teóricas con obradoiros prácticos coas cámaras dos asistentes. O venres pola tarde avaliarase fundamentos de fotografía xeral (uso de obxectivos, exposición, configuración, etc.)
O sábado e domingo á mañá realízanse saídas fotográficas para practicar os conceptos explicados na sesión teórica do venres e afondar no coñecemento do equipo e a técnica fotográfica. En función das condicións metereolóxicas poderanse cambiar a orde dalgunha das sesións.
Grazas aos exercicios propostos conseguirás dominar o uso do diafragma, do tempo de exposición, sensibilidade e aprenderás a medir a luz correctamente.
Durante as prácticas aprenderás as técnicas básicas do fluxo de traballo do cuarto escuro dixital e de procesamento de imaxes: captura, descarga, revelado dixital e finalizado para impresión ou internet.
Tamén aprenderás a organizar e arquivar eficientemente as túas fotografías no teu portátil a través do software Adobe Lightroom 3. O software é un completo e potente software que debes xa traer instalado no teu portátil. Para aqueles que non saiban como descargalo ou instalalo, suminstraráselles a versión de proba 3.6, válida durante un mes.
Ademais, nas sesións de aula proxectaranse algunhas das fotografías realizadas polos alumnos e comentaranse os aspectos técnicos e compositivos explicados e practicados durante as saídas.
FAQ:
A miña cámara ten que ser réflex?
Non é preciso, pode ser unha compacta, unha cámara formato bridge ou unha micro cuatro tercios.
A cámara que teño ten que disparar en formato raw?
Non é imprescindible que a cámara dispoña de formato RAW, sendo suficiente o formato JPG para realizar o curso.
E obrigatorio levar trípode e flash?
Non é imprescindible dispor de trípode para asistir ao curso, pero si moi aconsellable ter ambas cousas.
Teño que levar o meu propio coche?
Non dispor de coche non é problema para realizar o curso. Seguro que nos podemos organizar entre os coches dos asistentes e o profe para facerche un recuncho.
E imprescindible que leve o meu portátil?
É aconsellable levar un portátil que soporte o fluxo de traballo de Lightroom 3 para as sesións teórico-prácticas. Senón o tes, podes compartilo co dun compañeiro ou tomar notas e logo practicar na casa.
Podo levar o meu portátil e manexar outro programa de revelado diferente como Rawtherapy, Aperture, Adobe camera raw ou unha versión de Lightroom anterior?
Por suposto que si. A maioría dos programas de revelado son bastante semellantes, aínda que o ideal sería que todos traballásemos coa mesma versión de Lightroom 3.6
Teño que asistir ao curso enteiro?, e se un día non podo ir?
Non te preocupes. Facilitaráseche o material e apuntes igualmente previamente se é preciso para que poidas ler na casas e logo asistir as horas que poidas.
Onde faremos as fotos?
En localizacións escollidas no entorno das Fragas do Eume
Que roupa debo levar?
A mesma que levarías para facer sendeirismo: cómoda e confortable e dependendendo das condicións metereolóxicas: chuvasqueiro, paraugas (moi recomendable para protexer ben o equipo)…etc
Sobre o profesor
Xacobo de Toro é profesor no ensino público de bioloxía e xeoloxía e practica a fotografía de natureza dende hai máis de 15 anos. Leva anos impartindo cursiños de formación e recibiu premios de fotografía a nivel nacional e internacional.
PROGRAMA
Venres
19:00-22:00
Teoría: (parada para café no descanso)
- Filosofía do fotógrafo de natureza respectuoso co seu entorno.
- Técnica fotográfica.
- Fundamentos de fotografía dixital.
- Configuración básica do equipo.
- Principais lentes empregadas na foto de natureza :
- Angulares
- Macros
- Teleobxectivos
- Técnicas novidosas:
- Digiscoping. Fotografando o afastado a través de telescopio
- Fotografía de aproximación e macrofotografía
- Fotografía a través de microscopio ou lentes de ampliación. Fotografando o minúsculo
Sábado
09:00 – 14:00 Saída fotográfica.
16:00 – 20:00 Sesión teórico-práctica de ordenador (parada para café no descanso)
- Preparación do equipo informático.
- Descarga das imaxes.
- Visionado e selección.
- Arquivado e catalogación das fotografías.
- Composición.
- Comentario das fotos realizadas.
23:00. Sesión fotográfica nocturna de longa exposición se o tempo o permite
Domingo
10:00 – 14:00 Saída fotográfica.
16:00 – 19:00 Sesión teórico-práctica de computador: (parada para café no descanso)
- Axuste e procesado de arquivos RAW e JPG.
- Preparación das imaxes para impresión e web.
Comentario das fotos realizadas.