648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

A finalidade deste 3º curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.

OBXECTIVOS
• Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente.
• Desenvolver actitudes medioambientais, valorando e respetando o contorno no que vivimos.
• Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e experimentación.
• Achegar ós participantes o mundo da Micoloxía e aprender a identificar as principais especies de fungos do noso contorno e iniciar o seu uso na cociña.
• Facilitar a organización de recunchos para o estudio e identificación dos fungos.

CONTIDOS
• Introducción ó reino dos fungos: características xerais.
• Estratexias para a identificación dos cogumelos.
• Os cogumelos nos principais ecosistemas galegos.
• Especies comestibles e perigosas de cogumelos en Galicia.
• Receitas de cociña caseiras con cogumelos.
• Aplicación didáctica para o ámbito educativo.

Ponente: RITA CID VERGARA