648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Actividades para a educación ambiental e a sostibilidade

En Alvarella, como , desenvolvemos actividades que integran diferentes áreas do coñecemento, sempre adaptadas aos distintos niveis edEntidade para a Educación Ambiental Aula de Natureza (Xunta de Galicia) e Equipamento para a Educación Ambiental (CENEAM)ucativos, á composición dos grupos e a duración da estadía. Cada actividade estructúrase en charlas, visitas e obradoiros, sempre dirixidas por un equipo de monitores/as especializados/as.

Toda a programación de Actividades para a Educación Ambiental e a Sostibilidade se poden desenvolver en inglés. Esta proposta está destinada especialmente aos grupos bilingües. Contamos para a sua aplicación con monitores/as con coñecemento pleno do idioma inglés.

– Agrupamos as actividades e os obradoiros en oito bloques temáticos.

– ¿Qué obxectivos perseguimos?

  • Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente.
  • Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social.
  • Adquirir coñecementos e promover actitudes, valores e comportamentos ambientais en concordancia con un pensamento e unha ética ecolóxica e un estilo de vida sostible.
  • Valorar a problemática ambiental como un fenómeno complexo, global e non alleo as nosas vidas.
  • Desenvolver hábitos de conducta que axuden a minimizar a nosa presión contaminante sobre o medio.
  • Asumir posturas respetuosas co medio e participar activamente en tarefas de protección, conservación e recuperación do entorno.
  • Integrar os principios, os valores e as prácticas do desenvolvemento sostible en todas as facetas da educación ambiental e da aprendizaxe.
  • Fomentar os cambios de comportamento necesarios para preservar o futuro da integridade do medioambiente, a viabilidade económica e a xustiza social.
  • Definir os aspectos teóricos relativos ó concepto de medioambiente.
  • Promover o dereito a un pensamento plural, crítico e innovador na acción educativa ambiental. A nosa labor é facilitar a información, as ferramentas de aprendizaxe, os recursos educativos, para que o usuario se forme a súa propia opinión
  • Coordinar as diferentes modalidades de educación ambiental: formal, non forma e informal.

 

– Complemento: Actividades de ocio e tempo libre
– Ficha de información.