648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Qué hai cerca de Alvarella

O Camiño Inglés a Compostela

Pola veciña parroquia de Andrade pasa  o tramo do Camiño Inglés  mais próximo a Alvarella e desde aquí  podemos visitar  unha das maís importantes mostras do patrimonio cultural relixioso vinculado ao camiño e coñecido polo Románico Eumés. As igrexas de Santiago de Pontedeume, San Miguel de Breamo, San Martiño de Andrade, San Xoan de Vilanova e xa na nosa parroquia, Santa María de Doroña. É o camiño que realizaban os peregrinos que chegaban a Galiza a través do mar desde os portos do Báltico, Países Escandinavos, Países Baixos, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Desde os portos de Ferrol ou A Coruña comezaban a súa marcha a pé ata Santiago.

Hai dous tramos: 
Tramo de Ferrol (57 km.) : 
Transcorre por: Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Santuario da Nosa Señora do Camiño (onde se cruza co Camiño que vén de Oviedo), Betanzos, Abegondo e Bruma (Mesía) onde se une co tramo da Coruña para continuar ata Santiago.
Tramo da Coruña (68 km.) : 
Pasa polo Burgo, Cambre, unha variante, a outra por Alvedro (é a principal), Carral, Bruma (Mesía), Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigüeiro e Santiago de Compostela.


O Parque Natural Fragas do Eume 
Castelo de Andrade
Pontedeume. Vila monumental 
Betanzos. A cidade dos cabaleiros 
De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
A Coruña. Balcón do Atlántico 
Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural 
Río Anduriña. Os muiños de auga 
Igrexas e Mosteiros
O Camiño Inglés a Compostela
Praias
Sendeiros para camiñar ou andar en bici 
Ocio activo e de aventura