648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Os días  16 , 17 e 18 de marzo.

Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza

Queres sacarlle todo o partido a túa cámara dixital e aprender a traballar e optimizar as túas imaxes dixitais no ordenador?

         Este curso está dirixido tanto a persoas que se inician a fotografía con cámara dixital  como aqueles fotógrafos con algo de experiencia que desexen iniciarse na fotografía de natureza. Adquirirás unha base axeitada sobre fotografía e sobre o fluxo de traballo dixital para que saques o máximo proveito do teu equipo fotográfico e informático.

A quen vai dirixido ?

  • Debutantes no mundo da fotografía dixital
  • Amantes da natureza que queren rexistrar o seu día a día no campo
  • Aqueles que non conseguiron sacar o máximo proveito das opcións que proporcionan as cámaras dixitais ou teñen dúbidas sobre o fluxo de traballo dixital
  • Non hai límite de idade para realizar o curso, só gañas de aprender

Que vas aprender ?

  • Manexar fundamentos básicos de fotografía dixital
  • A configurar os axustes máis importantes da túa cámara
  • A traballar nos modos de prioridade de apertura, prioridade de tempo de exposición e modo manual
  • A elixir e controlar factores como o diafragma, o tempo de exposición, a sensibilidade, a compensación de exposición, …
  • A medir a luz e interpretar o histograma das túas fotografías
  • Como enfocar en modo de enfoque manual e automático
  • A elixir con criterio a lonxitude focal do teu obxectivo
  • Coñecer o uso de diferentes filtros analóxicos (degradadado, ND e polarizador) e dixitais con Adobe Lightroom 3
  • Criterios básicos de composición fotográfica e supervisión dos fondos
  • Suxeitar a cámara a pulso e usar o trípode con efectividade
  • Coñecer algunhas técnicas avanzadas: macrofotografía e digiscoping
  • Manexar un fluxo de traballo axeitado para descargar as túas imaxes ao computador
  • A seleccionar as túas fotografías de xeito crítico, aprendendo dos  erros cometidos durante a toma e os dos compañeiros, para que non volvan suceder
  • Organizar e xestionar as túas imaxes en Adobe Lightroom con palabras clave para manexar o teu arquivo de xeito eficiente
  • As vantaxes do formato RAW
  • Procesar doadamente as túas imaxes con Adobe Lightroom
  • Preparar as túas imaxes para web e impresión
    • Coñecer os libros básicos que fundamentan a fotografía de natureza e as principais páxinas web onde colgar as nosas fotos de natureza.
    • Principais concurso nacionais e internacionais de fotografa de natureza

Como se desenvolve o curso?

Este curso combina sesións teóricas con obradoiros prácticos coas cámaras dos asistentes. O venres pola tarde avaliarase fundamentos de fotografía xeral (uso de obxectivos, exposición, configuración, etc.)
O sábado e domingo á mañá realízanse saídas fotográficas para practicar os conceptos explicados na sesión teórica do venres e afondar no coñecemento do equipo e a técnica fotográfica.  En función das condicións metereolóxicas poderanse cambiar a orde dalgunha das sesións.

Grazas aos exercicios propostos conseguirás dominar o uso do diafragma, do tempo de exposición, sensibilidade e aprenderás  a medir a luz correctamente.

Durante as prácticas aprenderás as técnicas básicas do fluxo de traballo do cuarto escuro dixital e de procesamento de imaxes: captura,  descarga, revelado dixital e finalizado para impresión ou internet.  

Tamén aprenderás a organizar e arquivar eficientemente as túas fotografías no teu portátil a través do software  Adobe  Lightroom 3. O software é  un completo e potente software que debes xa traer instalado no teu portátil. Para aqueles que non saiban como descargalo ou instalalo, suminstraráselles a versión de proba 3.6, válida durante un mes.

Ademais, nas sesións de aula proxectaranse algunhas das fotografías realizadas polos alumnos e comentaranse os aspectos técnicos e compositivos explicados e practicados durante as saídas.

FAQ:
A miña cámara ten que ser réflex?

Non é preciso, pode ser unha compacta, unha cámara formato bridge ou unha micro cuatro tercios.

A cámara que teño ten que disparar en formato raw?

Non é imprescindible que a cámara dispoña de formato RAW, sendo suficiente o formato JPG para realizar o curso.

E obrigatorio levar trípode e flash?

Non é imprescindible dispor de trípode para asistir ao curso, pero si moi aconsellable ter ambas cousas.

Teño que levar o meu propio coche?

Non dispor de coche non é problema para realizar o curso. Seguro que nos podemos organizar entre os coches dos asistentes e o profe para facerche un recuncho.

E imprescindible que leve o meu portátil?

É aconsellable levar un portátil que soporte o fluxo de traballo de Lightroom 3 para as sesións teórico-prácticas. Senón o tes, podes compartilo co dun compañeiro ou tomar notas e logo practicar na casa.

Podo levar o meu portátil e manexar outro programa de revelado diferente como Rawtherapy, Aperture, Adobe camera raw ou unha versión de Lightroom anterior?

Por suposto que si. A maioría dos programas de revelado son bastante semellantes, aínda que o ideal sería que todos traballásemos coa mesma versión de Lightroom 3.6

Teño que asistir ao curso enteiro?, e se un día non podo ir?

Non te preocupes. Facilitaráseche o material e apuntes igualmente previamente se é preciso para que poidas ler na casas e logo asistir as horas que poidas.

Onde faremos as fotos?

En localizacións escollidas no entorno das Fragas do Eume

Que roupa debo levar?

A mesma que levarías para facer sendeirismo: cómoda e confortable e dependendendo das condicións metereolóxicas: chuvasqueiro, paraugas (moi recomendable para protexer ben o equipo)…etc

Sobre o profesor
Xacobo de Toro é profesor no ensino público de bioloxía e xeoloxía  e practica a fotografía de natureza dende hai máis de 15 anos. Leva anos impartindo cursiños de formación e recibiu premios de fotografía a nivel nacional e internacional.

 PROGRAMA
Venres
19:00-22:00
Teoría: (parada para café no descanso)

  • Filosofía do fotógrafo de natureza respectuoso co seu entorno.
  • Técnica fotográfica.
  • Fundamentos de fotografía dixital.
  • Configuración básica do equipo.
  • Principais lentes empregadas na foto de natureza :
    • Angulares
    • Macros
    • Teleobxectivos
    • Técnicas novidosas:
      • Digiscoping. Fotografando o afastado a través de telescopio
      • Fotografía de aproximación e macrofotografía
      • Fotografía a través de microscopio ou lentes de ampliación. Fotografando o minúsculo

Sábado
09:00 – 14:00 Saída fotográfica.
16:00 – 20:00 Sesión teórico-práctica de ordenador (parada para café no descanso)

  • Preparación do equipo informático.
  • Descarga das imaxes.
  • Visionado e selección.
  • Arquivado e catalogación das fotografías.
  • Composición.
  • Comentario das fotos realizadas.

23:00. Sesión fotográfica nocturna de longa exposición se o tempo o permite
Domingo
10:00 – 14:00 Saída fotográfica.
16:00 – 19:00 Sesión teórico-práctica de computador: (parada para café no descanso)

  • Axuste e procesado de arquivos RAW e JPG.
  • Preparación das imaxes para impresión e web.

 Comentario das fotos realizadas.