Qué hai cerca de Alvarella
Igrexas e mosteiros
MOSTEIRO DE MONFERO
A fundación do mosteiro sitúase arredor do ano 1135 baixo o reinado de Alfonso VII. Co transcurso dos séculos o conxunto arquitectónico sufríu a decadencia que en Galicia seguíu á Idade Media.
O mosteiro foi gobernado pola Congregación Cisterciense desde 1506 ata 1835.
Tralo esvaecemento do Cister, o mosteiro comezou o camiño cara a súa decadencia ata que en 1970 se iniciou nel unha lenta restauración.
O templo consta dunha planta en cuz latina cunha sóa nave sobre a que se abre unha cúpula octogonal de influencias italianas
Exteriormente, destaca a orixinalidade da fachada principal que presenta unha decoración axedrezada, feita mediante perpiaños de granito e lousa enmarcados por pilastras e columnas de orde corintio. O claustro presenta unha traza oxival-renacentista, coa excepción do segundo andar pertencente ó século XVIII. Posúe bóvedas estreladas e fonte barroca
MOSTEIRO DE CAAVEIRO
Construído nos séculos X e XI, sitúase nunha elevación do terreo, entre os rios Eume e o seu afluente Sesín.
Dícese que foi fundado por San Rosendo e primeiro foi mosteiro benedictino, pasando logo a ser rexentado polos canónigos regulares da orde de San Agustín. No século XVI comenza a súa decadencia ata que a principios do século XIX foi abandoado definitivamente. A finais deste século inténtase a restauración do Mosteiro.
O 13 de Agosto de 1971 foi declarado Conxunto Histórico-Artístico e Paisaxe pintoresca, en 1975 declarouse Monumento de interés Histórico-Artístico e en 1980 expropiaronse os terreos que o conteñen pola creación do Parque Natural das Fragas do Eume.
SANTA MARÍA DE DOROÑA
Existía xa no ano 1.185. Neste ano concédense ó Mosterio de Caaveiro o dereito sobre as ¾ partes dos beneficios de Doroña. A Igrexa de Doroña ten unha nave e unha ábsida de planta semicircular románicas, rematadas na segunda metade de século XII. A portada é sinxela, cun par de columnas e arquivolta lixeiramente apuntada. Destaca no tímpano un relevo do “Agnus Dei”, sobre a porta de entrada que está protexida por un pórtico cuberto. Un curioso campanario elévase sobre un contraforte lateral, probablemente para mellorar a acústica das campás. No interior, o arco triunfal de medio punto apoiase sobre columnas con capiteis ben labrados. Xunto a igrexa podemos ver un fermoso exemplar de acacia negra (árbore introducida e asilvestrada en Galicia).
SAN MIGUEL DE BREAMO
A Igrexa de San Miguel de Breamo é de estilo románico de finais do século XII (1.187 ). Destaca pola súa sobriedade ornamental. Con planta de cruz latina, unha soa nave e tres ábsidas semicirculares, (tipoloxia que non adoita abundar no románico galego), foi restaurada nos séculos XVI e XVII. Na parte superior ábrese un rosetón construído na primeira metade do século XX. Nela celébranse dúas das romarías maís populares da zona, o 8 de Maio e 29 de Setembro.
Tradicionalmente hai que dar 3 voltas á capela en completo silencio para espantar ás meigas.
SAN XOÁN DE VILANOVA
A igrexa está datada no ano 1040, polo que é unha das máis antigas mostras de románico galego.
Trátase dunha construción reducida en tamaño e de sinxela estructura, que consta de nave lonxitudinal única coronada por unha ábsida semicircular e dúas portadas laterais.
A fachada occidental data do século XVIII, pero sabemos que a antigua tiña un Agnus Dei no tímpano.
No interior chama a atención a absoluta sobriedade ornamental, pois tan só a ábsida decórase mediante dúas sinxelas fiestras laterais e unha imposta lisa que marca o arrinque da bóveda de forno.
O máis salientable desta igrexa constitúeo a decoración exterior da ábsida. Trátase dunha estructura típica lombardo-catalá con arcuaciones cegas e lesenas que dividen o espazo verticalmente. Sobre estas arquerías se dispuxo unha pequena cornixa lixeiramente voada ca se decora cun trenzado inusual en Galicia.
É xa que logo que na ábsida foi onde utilizouse o mellor material, unha magnífica sillaría de granito.
SAN MARTIÑO DE ANDRADE
Igrexa dunha nave rectangular coronada en ábsida semicircular, cuxa frontispicio non se conserva, atopando no seu lugar unha fachada barroca.
Ao exterior, a ábsida divídese verticalmente en tres rúas por dous contrafortes prismáticos, e en cada unha delas aparece unha fiestra sinxela de dobre derramo similar ás de San Xoaan de Vilanova.
O máis salientable nesta igrexa son os canecillos antropomórficos, xeométricos e vexetais que sustentan a cornixa da ábsida.
Polo demais, nada pode dicirse desta pequena igrexa parroquial da que só se conserva unha ábsida que non salienta pola súa importancia, pero é característico do románico rural galego.
- O Parque Natural Fragas do Eume
- Castelo de Andrade
- Pontedeume. Vila monumental
- Betanzos. A cidade dos cabaleiros
- De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
- A Coruña. Balcón do Atlántico
- Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural
- Río Anduriña. Os muiños de auga
- Igrexas e Mosteiros
- O Camiño Inglés a Compostela
- Praias
- Sendeiros para camiñar ou andar en bici
- Ocio activo e de aventura