648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Domingo, 1 de Xullo:
Hoxe coñecimos a novos compañeiros e compañeiras. Desfrutamos instalándonos nas nosas habitacións, escollimos as nosas liteiras, e ordenamos o noso espacio.


Finalmente puidemos ir un anaco á piscina de Alvarella, onde nos esperaban xogos co balón.

Pola noite fixemos xogos no exterior empregando as nosas lanternas e puidemos ver algún que outro vagalume.