648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Qué hai cerca de Alvarella

De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido

cidade aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó Océano Atlántico na zona rural. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar declarado Ben de Interése Cultural (BIC).

O conxunto patrimonial histórico de Ferrol ten un gran valor pola ordenación do territorio e o plantexamento urbanístico da cidade. Neste sentido destaca a aproximación á utópica cidade portuaria da Ilustración, cun contraste entre o barrio portuario de Ferrol Vello, tipicamente medieval, e o de A Magdalena, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), que se distingue pola súa rigorosa retícula rectangular e dúas prazas de gran simetría. Este conxunto urbanístico pode considerarse como o exemplo máis próximo á cidade ideal do século XVIII.

Á entrada da ría de Ferrol nas dúas beiras opostas atópanse os castelos de San Felipe e A Palma, que antigamente uníanse mediante unha cadea e servían de protección á cidade.

LITORAL

A comarca de Ferrol destaca polo seu amplo litoral, que permite gozar da natureza, e sobre todo do contacto co mar. Unha paisaxe que permite gozar das Rías Altas. Onde atoparemos pequenas e tranquilas praias até grandes areais abertos ó océano Atlántico (Doniños, San Xurxo ou Covas). Ate 7 praias que gozan do distintivo da bandeira azul.

Son igualmente interesantes a Lagoa de Doniños que está emprazado nun profundo val comunicado ca praia de Doniños por un amplo complexo dunar. O lago, que alcanza ata os 9 metros de profundidade nalgúns lugares, é hábitat de numerosas aves, como fochas, zampallóns chicos, cerceta común ou ánade real.

No Concello de Valdoviño a Lagoa da Frouxeira no fronte costeiro do val do río Aviño, ten unha extensión duns 1.600 metros de longo por 500 metros de ancho. Hábitat de especies como garzas reais, nutrías, cercetas, patos, ánades, agachadizas, zampallóns, cormorans grandes e varios tipos de gaivotas

SERRA DA CAPELADA

O ACANTILADO MÁIS ALTO DE EUROPA, na serra da Capelada, cerca de San Andrés de Teixido. Ten 613 metros de altura sobre o nivel do mar na Garita de Herbeira, e unha pendente do 80 %. A serra da Capelada descende directamente dende a garita de Herbeira ate as augas do Océano Atlántico, nunca sucesión de cantís que se abren o intenso oleaxe.

E moi frecuente ollar cabalos en estado salvaxe na estrada que atravesa a serra. Ademais conven achegarse a San Andrés de Teixido, un dos lugares mais profundamente ligado as lendas e as mitoloxías galegas, xa que” quen non vai de vivo irá de morto”.


O Parque Natural Fragas do Eume 
Castelo de Andrade
Pontedeume. Vila monumental 
Betanzos. A cidade dos cabaleiros 
De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
A Coruña. Balcón do Atlántico 
Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural 
Río Anduriña. Os muiños de auga 
Igrexas e Mosteiros
O Camiño Inglés a Compostela
Praias
Sendeiros para camiñar ou andar en bici 
Ocio activo e de aventura