648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida das aves que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.
A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelas tamén as respetemos.
Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio, para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.