648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.

A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelos tamén as respetemos.
Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio, para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.

OBXECTIVOS
• Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente.
• Desenvolver actitudes medioambientais, valorando e respetando o contorno no que vivimos.
• Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e experimentación.
• Achegar ós participantes o mundo da Micoloxía e aprender a identificar as principais especies de fungos do noso contorno.
• Facilitar a organización de recunchos para o estudio e identificación dos fungos.

CONTIDOS
• Introducción ó reino dos fungos: características xerais.
• Estratexias para a identificación dos cogumelos.
• Os cogumelos nos principais ecosistemas galegos.
• Especies comestibles e perigosas de cogumelos en Galicia.
• Receitas de cociña caseiras con cogumelos.
• Aplicación didáctica para o ámbito educativo.

POÑENTE: Jorge Gude Armas (educador ambiental)

METODOLOXÍA
Este curso será eminentemente práctico, alternando a parte teórica coas diferentes saídas ó campo e obradoiros que se realizarán ao longo do mesmo.

DURACIÓN
O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres.

PREZO: 50 €.
O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa.
Os/As participantes deberán vir provistos de calzado e roupa cómodas para as saídas ó campo.
As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres 21 terán que pagar un suplemento de 10 €.
Forma de pago:
No número de conta de “La Caixa”: 2100 – 4876 – 05 – 2200011819; a nome de Alvarella Ecoturismo S. L (especificando o nome do/a matriculado/a). Contacto: Tfno/Fax 981-784563
Móvil 648-925-134 ou no e-mail : info@alvarella.com
Data límite de pago: luns 17 de outubro de 2011.
Prazas limitadas.

PROGRAMA
*1º DIA (sábado)
– 10:30 h: Presentación do curso
– 10:45 h: Charla sobre o mundo dos cogumelos
– 12:00 h: Pausa-café
– 12:30 h: Saída ó campo (finca Alvarella)
– 14:30 h: Xantar.
– 16:00 h: Charla sobre identificación de cogumelos.
– 17:00 h: Saída ó campo (rota polo contorno de Alvarella)
– 19:00 h: Pausa-café
– 19:30 h: Obradoiro de esporadas e observación co microscopio.
– 21:00 h: Cea
– 23:00 h: Descanso
*2º DIA (domingo)
– 08:30 h: Almorzo
– 09:30 h: Saída ó campo ( Monte de Forgoselo)
– 13:00 h: Receitas sinxelas de cociña con cogumelos
– 14:30 h: Xantar
– 16:00 h: Posta en común e avaliación
– 17:00 h: Remate do curso e despedida.