O principal obxectivo deste cursiño, coincidido coa declaración do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMLIAR, é poder presentar, dun xeito sinxelo, os primeiros pasos para crear una pequena horta ecolóxica destinada ó autoconsumo.
Na situación actual na que vivimos cada vez máis xente preocupase, e é consciente, de onde e como se está producido un ou outro alimento. Se a isto, por exemplo, sumámoslle que algún membro dunha familia esta en situación de desemprego, o feito de comezar cunha horta destas características, a curto prazo, suporá un alivio na economía familiar a final de mes, ademais de ser unha actividade lúdica que axuda moito na saúde mental das persoas.
Somos conscientes de que hai moreas de documentos e libros ó respecto, pero o que presentamos aquí é unha actividade fundamentalmente práctica para familiarizarnos cos conceptos imprescindibles para afrontar con éxito o reto de producir alimentos sans.