O albergue Alvarella, co apoio financeiro da Unión Eurpea a través do plan FEADER, acaba de substituír o sistema de calefacción con caldeira de gas por unha instalación con bomba de calor xeotérmica para dar servizo as necesidades de ACS e calefacción.
Grazas a esta substitución dunha enerxía convencional por unha enerxía renovable, estímase que anualmente se evitarán a emisión á atmosfera de 2.296 Kg de CO 2 ., un dos gases principais causantes do efecto invernadoiro.
Esta medida adoptada é unha mostra máis do compromiso que Alvarella Ecoturismo ten co coidado do medio ambiente.
Para afrontar a instalación deste sistema de calefacción máis ecolóxico e reducir deste xeito o consumo dos combustibles fósiles, Alvarella Ecoturismo ten concedida unha subvención solicitada a través do INEGA, por valor de 12.876,73 euros.