648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Qué hai cerca de Alvarella

A Coruña

Situada no Noroeste da Península Ibérica, A Coruña é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, na que o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia.

A Coruña é unha cidade de mil posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña a rúas cosmopolitas e vitais iluminadas polo sol ou o neon. Dende voces proclamando as existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo, polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o esparexemento e espazos naturais onde gozar de vistas e paisaxes espectaculares. Dende arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata as discotecas, o casino e os recitais de música clásica.

MUSEOS CIENTÍFICOS
Coñecidos como as Tres Casas, neles descubrirás o mundo submarino, os segredos do ser humano e os enigmas do firmamento.
O universo ao alcance da túa man para que o goces cos cinco sentidos:
– Aquarium Finisterrae – Casa dos Peixes
– Casa das Ciencias – Planetario
– Domus, Casa do Home – Cine Imax

CASTELO DE SAN ANTÓN
Antiga fortaleza e prisión e actual museo arqueolóxico e histórico.

TORRE DE HÉRCULES. Patrimonio da Humanidade
Símbolo da Coruña e único faro romano do mundo en funcionamento. 
Case 2.000 anos de historias do símbolo da cidade baixo o cal, di a lenda, está enterrado o xigante Xerión.

Unha visita á nosa cidade non estaría completa sen gozar das magníficas vistas que ofrece este faro declarado Patrimonio da Hunanidade no ano  2009.


O Parque Natural Fragas do Eume 
Castelo de Andrade
Pontedeume. Vila monumental 
Betanzos. A cidade dos cabaleiros 
De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
A Coruña. Balcón do Atlántico 
Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural 
Río Anduriña. Os muiños de auga 
Igrexas e Mosteiros
O Camiño Inglés a Compostela
Praias
Sendeiros para camiñar ou andar en bici 
Ocio activo e de aventura