2º CURSO DE INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA E ANELAMENTO DE AVES
ESTE CURSO APRAZOUSE PARA MARZO -ABRIL
PROGRAMA
1º Día (sábado, 27 de outubro de 2012)
10:00 h – Chegada a Alvarella. Recepción.
10:30 h – Presentación: ALVARELLA un proxecto singular. Desenvolvemento Sostible. ECOLABEL. Equipo de Alvarella.
Relator: Cosme Damián Romay Cousido, Licenciado en Bioloxía, ornitólogo, socio da SEO, SGO.
11:15 h – CHARLA 1: “Biodiversidade en Galicia, con mención especial ás aves” (45 min).
12:00 h – Pausa-Café.
12:30 h – CHARLA 2: “Aves comúns do norte de Galicia” (45 min).
13:15 h – CHARLA 3: Métodos de estudo de aves (45 min).
14:00 h – Xantar
16:30 h – Saída ao campo (rota polo contorno de Alvarella): identificación de aves comúns.
19:00 h – Pausa-Café
19:30 h – CHARLA 4: Onde ver aves en Galicia (45 min)
20:15 h – CHARLA 5: Aves e folclore galego (45 min)
21:00 h – Cea.
23:00 h – Descanso.
2º Día (domingo, 28 de outubro de 2012)
08:30 h – Almorzo.
09:15 h – Partida cara a Sada.
09:45 h – Sesión 1 de anelamento nas Brañas de Sada.
11:00 h – Observación de aves nas Brañas e no intermareal de Sada.
12:00 h – Sesión 2 de anelamento nas Brañas de Sada.
14:00 h – Xantar en Alvarella.
16:00 h – Posta en común e avaliación.
17:00 h – Remate do curso e despedida.
- Prezo: 65€. Inclúe o curso e aloxamento con pensión completa do Sábado e xantar do Domingo.
- As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres26 terán que pagar un suplemento de 20 €.
OBXETIVOS DO CURSO
A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida das aves que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.
A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelas tamén as respetemos.
Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio, para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.