648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Queres aprender cales son as principais algas de Galicia que se poden consumir ou que teñen propiedades beneficiosas para túa saúde?

A quen vai dirixido ?

  • Amantes da natureza que queren iniciarse no mundo das algas mariñas ou que queren completar o seu coñecemento sobre o patrimonio natural galego.
  • Aqueles que non se atreveron aínda a probar as algas como alimento e queren aprender a facer con elas un prato sinxelo e rápido.
  • Aqueles que queren descubrir os efectos beneficiosos  que teñan as algas para a saúde humana.
  • A todo tipo de público, sen límite de idade nin de coñecementos previos , só gañas de aprender e pasalo ben.

Que vas aprender e descubrir ?

  • Planificar correctamente unha saída á baixamar
  • A ecoloxía das algas mariñas galegas
  • Identificar as algas máis comúns do litoral galego, salientando as de interese gastronómico ou beneficioso para a saúde.
  • Procesar algas recolleitadas
  • Elaborar cosméticos caseiros sinxelos
  • Cociñar ao estilo tradicional con algas e degustar pratos elaborados durante o curso
  • Elaborar nori-makis. Os famosos roliños de arroz e algas que son un dos pratos estrela dos restaurantes xaponeses
  • Grazas ás práctica propostas conseguirás identificar ao final do cursiño unha ducia de especies de alto interese para a saúde e alimentación.

Como se desenvolve o curso?

Desenvolveremos unha saída á baixamar nas inmediacións da localidade de Pontedeume o sábado pola mañá. Durante a saída coñeceremos a ecoloxía das algas mariñas e traballaremos a identificación “in situ” das algas de maior interese.

O curso combina sesións teóricas con obradoiros prácticos. Os obradoiros serán de cociña (tradicional e oriental) e de elaboración de cosméticos baseados na talasoterapia.

Os asistentes ao curso que contraten a pensión completa degustarán no menú comida con algas.

Aos asistentes subministraráselles os apuntamentos e presentacións dixitais en soporte dixital

En función das condicións meteorolóxicas poderanse cambiar a orde dalgunha das sesións.

Sobre o profesor
Xacobo de Toro Cacharrón é profesor especialista do Máster de Medicina Natural da Universidade de Santiago de Compostela e na EMAC de Oporto. Combina estas clases coa actividade docente de bioloxía en secundaria.  Ten participado en diferentes estudos e proxectos de investigación no campo da bioloxía mariña e ficoloxía.

Teño que levar o meu propio coche?

Non dispor de coche non é problema para realizar o curso. Seguro que nos podemos organizar entre os coches dos asistentes e o do profe para facerche un recuncho.

Teño que asistir ao curso enteiro?, e se un día non podo ir?

Non te preocupes. Facilitaráseche o material e apuntes igualmente previamente se é preciso para que poidas ler na casa e logo asistir as horas que poidas.

Que roupa e material debo levar para a saída á baixamar?

A mesma que levarías para facer sendeirismo: cómoda e confortable. Dependendo das condicións meteorolóxicas: chuvasqueiro, paraugas, botas de auga ou montaña …etc no caso de que faga mal tempo ou cangrexeiras e bañador se acompañan as temperaturas.

Deberías levar algunha bolsiña plástica tipo zip ou de conxelados para meter algunhas mostras que che interesen axudándote dunha navalliña ou coitelo.

Podo levar unha cámara?

Unha cámara compacta dixital con opción de macro pode axudarnos moito para rexistrar as especies que vexamos e así ter un arquivo gráfico dixital das mesmas.

Teño que levar os meus propios ingredientes ao obradoiro de cociña?

Cociñaremos produtos mercados pola organización do curso, pero para facer os nori-maki podemos levar da casa materiais que non interese probar: peixes afumados ou escabechados, queixos, diferentes hortalizas… etc

Onde faremos á saída á baixamar?

Nunha localización próxima a Pontedeume