648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Albergue de Ecoturismo

Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados. Consta dun edificio concebido para un turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 prazas, dúas delas adaptadas para discapacitados, con baño e calefacción.

Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar.

Existen ademais outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.

ALOXAMENTO DE GRUPOS

Ofertamos para grupos obradoiros e actividades de educación ambiental en relación ó Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas… rotas de sendeirismo, cabalos e piragüas.

ABERTO : Todo o ano.
TARXETAS : Sí
ANIMAIS DOMÉSTICOS : SÍ

 

Ecolabel EUDESDE O ANO 2009 SOMOS POSUIDORES DA ECOETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (ECOLABEL) DA UNION EUROPEA o único establecemento hosteleiro de Galicia e primeiro albergue de España.