|
|||||
Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com |
|||||
Museo etnográfico da Capela
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
A “Casa do Pazo” é a sede central do Museo, unha aula viva onde se presenta a “casa” como unha unidade básica da sociedade rural, que non só responde á necesidade de refuxio da familia senón tamén ás necesidades sociais e ás derivadas dunha economía de autosuficiencia.
A “Casa” compleméntase co “Parque Etnográfico do Sesín”, un eco-museo exterior onde se mostra como o HOME aproveita dun xeito racional os recursos que o MEDIO (regatos, montes, fragas…) lle ofrece máis aló dos eidos.
Un percorrido polas dependencias da “Casa do Pazo” (a cociña, o cuarto, a sala, os alpendres, a eira…), o “Parque Etnográfico do Sesín” (os muíños, o souto, o monte, a foia…) e a “Escola de Guitriz” permítenlle ao visitante achegarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona; xeitos que están a piques de esquecerse por completo pola evolución dos tempos.
As instalacións | O edificio didáctico | Fragas do Eume | Castelo de Andrade | Pontedeume | Betanzos | Museo etnográfico | Río Anduriña | Igrexas e Mosteiros | Praias | Actividaddes de educación ambiental | Cursos e obradoiros de ocio ecolóxico e vida san | Actividades para as persoas maiores | Actividades de ocio na natureza | Interior da Casa | Exterior da Casa | VOLVER A INICIO