648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA info@alvarella.com

Casa Alvarella

Estamos situados nas cercanías do  Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi  perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), cas praias de Miño, Perbes Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

É unha casa procedente do primeiro racionalismo arquitectónico galego proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Restaurouse, mantendo o proxecto e a estructura da casa inalterada, para covertila nunha pousada de catro habitacións dobres con baño. A casa conta tamén cun salón comedor, unha sala-biblioteca, unha galería mirador, a cociña e un porche cuberto.

Ubícase nunha finca de 50.000 metros cadrados adicada a usos agrícolas e forestais, con diferentes especies autóctonas e numerosas árbores frutais. Existen ademais outras zonas de uso común como a piscinacomedorpalleirabarbacoapista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.

Ofertamos actividades de educación ambiental en relación ó Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, rotas de sendeirismo, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas. Actividades concertadas como vela, piragüismo, paseos a cabalo, paseos en barco.