O edificio didáctico
A nosa preocupación pola natureza e o medio ambiente levounos a que o novo edificio do albergue mantivera unha coerencia medio-ambiental e fora un edificio singular que reunise en si mesmo os principios de sostenibilidade, sen perder un chisco do encanto e sobriedade do medio rural no que se atopa inmerso.
Os criteros ecolóxicas que seguimos nas nosas construcións son:
BIOCONSTRUCCIÓN As bioconstruccións procuran empregar materiais naturais, de procedencia local, renovables, reutilizables, reciclables, ... para reducir (no posible) o impacto sobre o medio natural e posibilitar un desenvolvemento sostible.
Situado no lugar axeitado.
Aplica arquitectura solar pasiva.
Emprega materiais naturais.
Prioriza os recursos naturais.
BIOCLIMÁTICA. As construccións bioclimáticas teñen en consideración a morfoloxía do lugar, a climatoloxía e a orientación da zona na que se levantan.
Integrado armónicamente no medio.
Orientado ao Sur.
Considera o clima da zona.
BIOSOSTIBLE. As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais nin alterar o medio para que as xeracións futuras atopen un mundo habitable.
Busca a eficiencia enerxética.
Programa o tratamento dos resíduos.
Xestiona racionalmente auga e luz.