648 925 134

Cursos e obradoiros de ocio ecolóxico e vida san

Son cursos dirixidos especialmente a persoas adultas que desexen adquirir ou ampliar coñecementos sobre actividades de educación ambiental. Baseados en actividades de formación e obradoiros prácticos para o ocio ecolóxico e a vida san.

Están impartidos por educadore/as especializados/as, para pequenos grupos e normalmente en fin de semana.

Periodicamente propoñemos cursos novos e outros que se repiten en certas épocas do ano:
- Recollida e cociña de cogomelos
- Ornitoloxía e avistamento de aves
- Fotografía na natureza
- Algas, identificación, gastronomía e usos terapéuticos
- Hortos urbanos e agricultura ecolóxica
- Plantas medicinais
- Elaboración e conservas vexetais
- Froiteiras autóctonas, recoñecemento e reprodución
- Elaboración da sidra, licores e marmelos
- Obradoiros de cestería e outros oficios das Fragas.


Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com
Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea
castellano
Web realizada por FLOPS Estudio.
Política de privacidade