Web realizada por FLOPS Estudio.
Achegate| Español | Ingles | Francés |

 


 

 

 

 

O noso blog Sígenos en Facebook Síguenos en Twitter
Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com

Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea

 

Casa Alvarella

Estamos situados nas cercanías do  Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi  perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), cas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

É unha casa procedente do primeiro racionalismo arquitectónico galego proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Restaurouse, mantendo o proxecto e a estructura da casa inalterada, para covertila nunha pousada de catro habitacións dobres. Ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados adicada a usos agrícolas e forestais, con diferentes especies autóctonas e numerosas árbores frutais. Existen ademais outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, barbacoa, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.

Ofertamos actividades de educación ambiental en relación ó Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, rotas de sendeirismo, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas. Actividades concertadas como vela, piragüismo, paseos a cabalo, paseos en barco.

 

As instalacións | O edificio didáctico | Fragas do Eume | Castelo de Andrade | Pontedeume | Betanzos | Museo etnográfico | Río Anduriña | Igrexas e Mosteiros | Praias | Actividaddes de educación ambiental | Cursos e obradoiros de ocio ecolóxico e vida san | Actividades para as persoas maiores |Actividades de ocio na natureza | Interior da Casa | Exterior da Casa | VOLVER A INICIO