ECO-CAMPAMENTOS 2012 (Nova Quenda)
Documentación ECOcamp AlvarellaDuas QUENAS.
1º QUENDA  d0 24 ao 30 de xuño
DIPTICO eco campa 2012Documentación ECOcamp Alvarella
2º QUENDA do 1 ao 7 de xullo (Nova)
CARTAZE eco-campamentos 12
Documentación ECOcamp AlvarellaDuas QUENAS.
1º QUENDA  d0 24 ao 30 de xuño
DIPTICO eco campa 2012Documentación ECOcamp Alvarella
2º QUENDA do 1 ao 7 de xullo (Nova)
CARTAZE eco-campamentos 12
9:30 Recepción en Alvarella
10:00 SaÃda á baixamar para coñecer e identificar no campo as algas mariñas máis comúns.
13:00 Retorno a Alvarella
13:20. Posta en común das principais especies vistas e recolleitadas na saÃda.
14:00-16:00 Xantar
16:00-17:00 Usos tradicionais das algas
17:00-18:00 Propiedades nutricionais das algas.
18:00-18:30 Parada para café
18:30-20:00 Obradoiro de cociña con alga, confección de nori-makis e degustación dos pratos elaborados
10:00 Propiedades terapéuticas das algas
11:45 Parada para café
12:15-14:00 Obradoiro de cosméticos con algas
14:00-16:00 Xantar
16: 00 Enquisas de satisfacción e despedida da xornada
Queres aprender cales son as principais algas de Galicia que se poden consumir ou que teñen propiedades beneficiosas para túa saúde?
Desenvolveremos unha saÃda á baixamar nas inmediacións da localidade de Pontedeume o sábado pola mañá. Durante a saÃda coñeceremos a ecoloxÃa das algas mariñas e traballaremos a identificación “in situ†das algas de maior interese.
O curso combina sesións teóricas con obradoiros prácticos. Os obradoiros serán de cociña (tradicional e oriental) e de elaboración de cosméticos baseados na talasoterapia.
Os asistentes ao curso que contraten a pensión completa degustarán no menú comida con algas.
Aos asistentes subministraráselles os apuntamentos e presentacións dixitais en soporte dixital
En función das condicións meteorolóxicas poderanse cambiar a orde dalgunha das sesións.
Sobre o profesor
Xacobo de Toro Cacharrón é profesor especialista do Máster de Medicina Natural da Universidade de Santiago de Compostela e na EMAC de Oporto. Combina estas clases coa actividade docente de bioloxÃa en secundaria. Ten participado en diferentes estudos e proxectos de investigación no campo da bioloxÃa mariña e ficoloxÃa.
Non dispor de coche non é problema para realizar o curso. Seguro que nos podemos organizar entre os coches dos asistentes e o do profe para facerche un recuncho.
Non te preocupes. Facilitaráseche o material e apuntes igualmente previamente se é preciso para que poidas ler na casa e logo asistir as horas que poidas.
A mesma que levarÃas para facer sendeirismo: cómoda e confortable. Dependendo das condicións meteorolóxicas: chuvasqueiro, paraugas, botas de auga ou montaña …etc no caso de que faga mal tempo ou cangrexeiras e bañador se acompañan as temperaturas.
DeberÃas levar algunha bolsiña plástica tipo zip ou de conxelados para meter algunhas mostras que che interesen axudándote dunha navalliña ou coitelo.
Unha cámara compacta dixital con opción de macro pode axudarnos moito para rexistrar as especies que vexamos e asà ter un arquivo gráfico dixital das mesmas.
Cociñaremos produtos mercados pola organización do curso, pero para facer os nori-maki podemos levar da casa materiais que non interese probar: peixes afumados ou escabechados, queixos, diferentes hortalizas… etc
Nunha localización próxima a Pontedeume