Web realizada por FLOPS Estudio.
| Español | Ingles | Francés |


Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com

Premios Galicia á pequena e mediana empresa sostible Etiqueta ecolóxica da Unión Europea

 

Albergue Turístico Rural

Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados. Consta dun edificio concebido para un turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 prazas, dúas delas adaptadas para minusválidos, con baño e calefacción. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar.

Existen ademais outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes.

Ofertamos para grupos obradoiros e actividades de educación ambiental en relación ó Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas... rotas de sendeirismo, cabalos e piragüas.

ABERTO : Todo o ano.
TARXETAS : Sí
ANIMAIS DOMÉSTICOS : SÍ

Etiqueta ecolóxica

DESDE O ANO 2009 SOMOS POSUIDORES DA ECOETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (ECOLABEL) DA UNION EUROPEA .

 


As instalacións
| O edificio didáctico | Fragas do Eume | Castelo de Andrade | Pontedeume | Betanzos | Río Anduriña | Igrexas e Mosteiros | Praias | Actividaddes de educación ambiental | Actividades de ocio na natureza | Interior da Casa | Exterior da Casa
| VOLVER A INICIO

O noso blog Sígenos en Facebook Síguenos en Twitter