648 925 134

Actividades para as persoas maiores

Son actividades que se poden desenvolver tanto en Alvarella coa estacia de un ou varios días, como fora de Alvarella, en centros de maiores, asociacións dos concellos, etc.

Son actividades nas que se combinan sempre as accións de ocio e divertimento coa recuperación das vellas tradicións do saber popular, música, cantares, artesanía, literatura oral, vellos oficios, etc. Todo iso combínase co coñecemento e posta en valor do noso patrimonio histórico e natural , con fórmulas de vida san e actitudes medioambietalistas positivas.

Obradoiros de oficios tradicionais, de música, de instrumentos musicais, festa medieval no Castelo de Andrade, as muiñadas no muíño das Ferreñas, a intermareal, obradoiros de perfumes naturais e medicina natural, obradoiros de risoterapia e musico terapia, etc. Son actividades que se preparan e adaptan por monitores especialistas para as necesidades de cada grupo.

Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com
Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea
castellano
Web realizada por FLOPS Estudio.
Política de privacidade